Aberto o prazo de elección para os cinco finalistas do concurso de carteis das festas de Ourense
Os veciños e veciñas de Ourense poden, desde hoxe, participar no proceso de elección do cartel das Festas de Ourense (25 de xuño / 3 de xullo). Das 14 propostas presentadas, un xurado profesional elixiu as cinco propostas finalistas que se poden votar a través de www.ourensecultura.com/concursos. O sistema de votación é sinxelo: Só se admite un voto por persoa; o número de DNI que se solicita unicamente é para evitar duplicidades no proceso e non se utilizará para ningún outro fin. Ademais, os carteis finalistas serán expostos na Rúa do Paseo para que todos os cidadáns coñezan os carteis e poidan participar da votación até o 12 de xuño.