Axenda cultural – Abril 2019
Creatividade, teatro, música... Esta primavera en Ourense florecen as propostas culturais.
ICC Week
2 – 6 abril
A Semana das Industrias Culturais volve a Ourense cun programa cargado de actividades no que destaca, entre outros, o concerto do artista Kiko Veneno, o venres 5 de abril.
A ICC inclúe nesta edición a figuras coma o humorista Luis Piedrahíta, o xornalista Iker Jiménez ou as deseñadoras Ágatha Ruíz de la Prada, Adriana Domínguez e Purificación García, que protagonizarán unha xornada dedicada á moda.
Web oficial ICC WeekFestival Música do Camiño
29 marzo | 5 abril | 13 abril
Un festival de nova creación que une o patrimonio físico e o cultural, reunindo as músicas que circularon por Ourense a través do Camiño de Santiago. Todos os concertos terán lugar na Igrexa de Santa Eufemia e permitirán gozar dunha coidada selección de músicas cultas.
- 29 marzo – 20.30 h | Orsine, Alicerce y Dapena
- 5 abril – 20.30 h | Camerata Piú Bassa
- 13 abril – 20.30 h | The New Baroque Times
Pablo Milanés
26 abril
O emblemático cantautor cubano volve ao Auditorio Municipal de Ourense coa súa xira Esencia, que reúne algún dos seus temas máis inesquecibles.
Mercar entradas
Programación Auditorio
Concertos coma o de David Bustamante (5 abril) ou a homenaxe a Queen (Remember Queen World Tour, 13 de abril) completan unha programación que inclúe teatro (adulto e infantil) e espectáculos de danza como La desnudez, de Daniel Abreu.
Programación Auditorio Municipal
XXIV MITEU
25 abril – 11 de maIo
A Mostra Internacional de Teatro Universitario reúne en Ourense as últimas propostas escénicas do teatro máis fresco: aulas universitarias, compañías consolidadas, humor e reflexión, canto e movemento… Todo e máis cabe nesta cita, todo un clásico de primavera.
Descarga programa
O que vén en maio
Avanza a primavera e tamén o fará a MITEU, que se prolonga até o día 11. O día 5 Ourense dá a benvida ao mes coa festa dos Maios, un espectáculo de esculturas vexetais polas rúas do centro que non debedes perder. Maio é tamén o mes do Jazz de Primavera no Café Latino e das xornadas de portas abertas da Ruta do Viño do Ribeiro, da que Ourense forma parte: visitas a adegas, catas e moitas outras sorpresas por vir.