AXENDA CULTURAL – XUÑO 2019
En xuño Ourense celebra as súas Festas Maiores: orquestras, mercados, deportes, actividades infantís e, por suposto, concertos. Todoisto e moito máis no menú dun mes co que entramos no verán.
OurenRock Sound
30 maio – 1 xuño
O festival de Benposta, nas antigas instalacións do Circo de los Muchachos, volve con forza cun cartel de esencias rockeira e indie: Boikot, La Pegatina, Triángulo de Amor Bizarro, Carolina Durante e moitos máis. Entradas xa á venda que inclúen acampada gratuíta, obradoiros e outras actividades.
Web OficialTeatro – Señora de rojo sobre fondo gris
7 xuño
O Teatro Principal pecha tempada con dous referentes do teatro en España. O día 7 Jose Sacristán trae a Ourense esta peza de Miguel Delibes. Os días 21 e 22 será a quenda de Els Joglars, que presentan a súa última montaxe Señor Ruiseñor.
Web Oficial
Concerto – Marea
27 xuño – FESTAS DE OURENSE
A emblemática banda de rock español volve aos escenarios despois de sete anos e faino con nova xira e novo disco, El Azogue. Os navarros recalarán no recinto de Expourense dentro do programa de Festas 2019.
Mercar entradas
Concerto – Izal
28 xuño – FESTAS DE OURENSE
Unha das bandas clave da escena independente nacional chega a Ourense coa súa xira «Autoterapia», coa que encheu escenarios en importantes festivais de toda España. Será ás 22.30 h en Expourense.
Mercar entradas
Concerto – Siniestro Total
28 xuño – FESTAS DE OURENSE
Iconas da Movida viguesa dos 80, a banda celebra 35 anos de traxectoria cun directo potente, divertido e mordaz que repasa as súas cancións máis lembradas. Actuarán na Praza Maior a partir das 00.30 h e o acceso é gratuíto.
Concerto – Aitana
29 xuño – FESTAS DE OURENSE
Aitana, unha das gañadoras da novena edición de Operación Triunfo, fai parada en Ourense dentro da súa xira «Play Tour», coa que este verán percorrerá a Península. Lo malo e outros temas desta novísima artista soarán na chaira de Expourense durante as festas.
Mercar entradasTamén che pode interesar
XXV Rallye de Clásicos e Antigos Ourense 2019
14-16 xuño
Os apaixoados máis nostálxicos do motor teñen una cita esta fin de semana, cando vehículos de época reuniránse en Ourense para esta competición de regularidade que decorre entre a cidade das Burgas e as paisaxes da Ribeira Sacra. Evento puntuable para o Campionato Nacional FEVA 2019.
Web Oficial
All Art Fair – Salón de Arte Contemporáneo
21 – 23 xuño
Na súa primeira edición All Art Fair pretende constituirse nun espazo para a exposición, promoción e divulgación do talento e o arte en todas as súas manifestacións. Conferencias, subastas, coleccións e obra tanto de artista consolidados como emerxentes para gozar mentres paseades polo barrio do O Couto.
Web Oficial
Festa dos Foros de Seixalbo
28-29 xuño
Teatro, baile e concertos para rememorar a historia de Seixalbo; unha fermosa vila ás aforas de Ourense, tradicionalmente adicada ao cultivo do viño, que foi a primeira en Galicia na que os seus veciños conseguiron a exención dos foros que pagaban ao Bispo polo traballo das terras. Non vos perdades ás visitas ásbodegas, o sábado a partir das 21.00 h.
Más información