Axenda cultural – Marzo 2019
O Festival de Música Pórtico do Paraíso marca a axenda de eventos dun marzo moi musical en Ourense.
Voces Femeninas
8 de marzo
Dobre concerto a cargo de Pauline en la Playa e Mow para celebrar o Día Internacional da Muller.
Merca a túa entrada
XII Festival de Música Pórtico do Paraíso
DO 15 aO 24 de marzo
Música clásica con tinguiduras de jazz, pop e folk para un festival de vocación ecléctica. Sete concertos de formacións internacionais en escenarios senlleiros de Ourense cidade e provincia.
Web oficial
Ópera Carmen
16 de marzo
Un clásico da lírica universal interpretado pola Ópera Nacional de Moldavia.
Merca a túa entrada
Coti en concerto
30 de marzo
O Auditorio Municipal recibe a visita do cantante e compositor arxentino Coti Sorokin.
Merca a túa entrada
Un mes dedicado, tamén, á arte
Tres grandes nomes da arte galega danse cita en Ourense estes días: tres artistas que, ademais, coinciden en ter a Ourense como cidade natal.
A última colección de Alexandro, «Lume», que evoca a paisaxe desoladora dos montes abrasados polos incendios, poderá visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o mes de abril.
O espazo expositivo AFundación, na Praza Maior, acolle pola súa banda a retrospectiva «Quessada: desde o sentimento», que repasa a obra de Antonio Quessada, un dos grandes paisaxistas no panorama plástico estatal.
No apartado escultórico, marzo será o último mes para poder visitar, na Sala Valente, a mostra antolóxica dedicada a Antonio Faílde que recolle preto dun cento de pezas en madeira, pedra, bronce, barro e mármore do artista ourensán.
O que vén en abril
A ICC Week volverá a Ourense o próximo 2 de abril, cun programa de actividades que inclúe entre outros o concerto do artista Kiko Veneno. A semana dedicada ás industrias culturais e creativas contará nesta edición con figuras coma Luis Piedrahíta, o xornalista Iker Jiménez ou as deseñadoras Ágatha Ruíz da Prada, Adriana Domínguez e Purificación García, que protagonizarán unha xornada dedicada á moda.
Web oficial ICC Week