Axenda Cultural – Maio 2019

Nos mes das flores Ourense énchese de música para celebrar a primavera. Bótalle unha ollada ás nosas propostas e vai facendo un oco na túa axenda!

Concerto – The Blues Giant

3 maio – 23.00 h

Continúa o Festival de Jazz de Primavera e faino cunha das súas citas máis agardadas: o concerto gran formato e de balde que cada ano saca o jazz á rúa. A banda The Blues Giants subirá ao escenario da Praza de Santa Eufemia cunha actuación de sons blues e funk. O resto del mes sucederanse novos concertos no Café Latino: Benny Green Trio (7 maio), Benny Golson Quartet (20 maio) e Sarah McKenzie (28 maio).
Descarga programa

Concerto –  A Roda

4 maio – 20.00 h

A emblemática banda de música tradicional galega volve á cidade das Burgas cun concerto de balde nos xardíns do Padre Feijoo, xunto á Oficina de Turismo. A actuación, preludio á romaría de Os Maios que terá lugar o día 5, forma parte da súa xira «A Roda-Cultura Galega 2019». Comezará ás 20.00 h.

Mostra de Teatro Universario MITEU

até o 11 de maio

A MITEU continúa a subir a cortina en Ourense con propostas escénicas novas, arriscadas e comprometidas. O 9º Encontro de Danza Universaria ou as últimas creacións de Teatro del Barrio ou Los Pinches Chamacos (México) son algunhas das citas teatrais máis salientables do mes.
Descarga programa

Concerto – Antonio Orozco

12 maio

O cantante e compositor barcelónes sobe ao escenario do Auditorio Municipal cun concerto dentro da súa xira «Único». Será unha das moitas citas desta instalación para o mes de maio, por onde tamén desfilarán María Xosé Silvar Sés (11 de maio) e o humorista Quique San Francisco (18 de maio).

Comprar entrada Descagar programación

Día Internacional dos Museos

13-18 maio

Para celebrar a efeméride o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense propón varias actividades para achegar ao publico o labor destas institucións: obradoiros didácticos infantís, presentacións e visitas guiadas pola súa fermosa sede, o antigo Pazo Episcopal (15 e 16 de maio). O sábado 18 haberá sesión vermú nos xardíns do Museo, amenizada coa música de Blues do País.
Todas as actividades son de balde.

Consultar programa completo

Letras Galegas 2019

17 maIo

A Real Academia Galega decidiu dedicar o Día das Letras Galegas ao intelectual Antonio Fraguas. Ourense celebra esta xornada festiva con concertos e outras actividades coas que achegarnos a este episodio da nosa cultura e historia.
Ver actividades

Concerto – Sophie Auster

18 maio

A artista neoiorquina, filla do aclamado novelista Paul Auster, ofrece en Ourense o seu único espectáculo en Galicia. Presentará o seu último traballo, «Next Time», no que evoca os sons das bandas femininas pop e soul dos anos 60 e 70. A escena musical máis independente complétase coa apretada axenda de concertos do Café&Pop Torgal e o Café Auriense.
Comprar entradas

Concerto – Orquestra Sinfónica de Galicia

25 maIo

O Teatro Principal vístese de gala para recibir a visita da Orquestra Sinfónica de Galicia. Creada en 1992, a OSG é unha das agrupacións orquestrais de maior proxección en España. Na súa cita na capital das Burgas, ofrecerá un concerto dominado por pezas do compositor Johann Sebastian Bach. Comprar entradas

OurenRock Sound

30 maio – 1 xuño

O festival de Benposta, nas antigas instalacións do Circo de los Muchachos, volve con forza, cun cartel de espíritu rockeiro e indie: Boikot, La Pegatina, Triángulo de Amor Bizarro, Carolina Durante e moitos máis. Billetes xa á venda que inclúen acampada gratuita, obradoiros, gastronomía e outras actividades.

Web Oficial