AXENDA CULTURAL – NOVEMBRO 2019
IV Ciclo de Lírica
15, 22 e 29 novembro
A soprano Susana de Lorenzo, o barítono Josep Ramón Olivé e o prestixioso grupo Luz y Norte integran o cartel do Ciclo Lírico de Ourense, que por cuarto ano volve aos escenarios do Teatro Principal para convidar o público a gozar deste fermoso xénero musical, explorando a lírica medieval, clásica e a esquecida lírica galega.
Programa
Festival Sólodos en Danza
21-23 novembro
O festival de danza contemporánea SÓLODOS EN DANZA prepárase para as finais do seu concurso coreográfico iberoamericano, que promove o intercambio cultural entre continentes e que recae, por cuarta vez, en Ourense. 11 finalistas, exclusivamente dúos e solos, disputaranse estes días no Auditorio o galardón, que levará a peza gañadora a unha xira por Latinoamérica.
www.solodos.es
Exposición – Santomé: Conxunto Arqueolóxico-Natural
A partir DO 20 de novembrO
A sala de exposicións Afundación acolle esta exposición coa que poderemos mergullarnos de cheo nos segredos do xacemento arqueolóxico de Santomé. Trátase dunha magnifica oportunidade para achegarse a este espazo de singular interese histórico e natural, especialmente cos novos espazos e descubrimentos achados tras a última campaña de escavacións realizada en 2019.
Saber máis
Exposición – De Mar a Mar
Ata o 8 de decembro
Uha exposición que convida ao espectadora mergullarse na Galicia do Camino, un mundo real e simbólico rico en historia, culturae paisaxe que son memoria de Europa. Unha proposta que evoca a experiencia da peregrinación a Compostela e que en Ourense céntrase nas paradas do Camiño Mozárabe – Vía de la Plata. Pode visitarse no centro cultural Marcos Valcárcel, onde tampouco deberiades perder a tamén espectacular exposición “Soliloquios”, do escultor Ramón Conde.
Saber máis
Teatro – Anatomía dunha serea
20 novembro |PROGRAMA 25-N
O programa de actos organizados para celebrar ou 25-N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, en Ourense arrinca con esta peza de teatro documental producida por Chévere Teatro. A súa protagonista, a actriz Iria Pinheiro, foi recoñecida por este traballo nos recentes premios María Casares. Será ás 20.00 h no Teatro Principal, con entrada gratuíta previa recollida de invitacións en despacho de billetes.
Concerto – Guadi Galego
28 novembro | PROGRAMA 25-N
Outra das citas destacadas do programa será a actuación da intérprete galega, que estará no Teatro Principal presentando o seu último traballo Immersión. A entrada é gratuíta, previa retirada de invitación en despacho de billetes.
A axenda de actos para o 25-N complétase con exposicións de fotografía, contacontos, obradoiros e unha conferencia da socióloga Iria Vázquez Silva.
Descargar programa
Tampouco podes perderte
43º Carreira Pedestre Popular de San Martiño
17 novembro
A emblemática proba, decana e referente das carreiras populares en Galicia, volve a Ourense cun percorrido de 10 km pola cidade no que se espera participen máis de 10.000 corredores.
Concurso de Pinchos Sabores de Ourense
Até o 17 de novembro
Máis de 50 establecementos participan no Concurso de Pinchos, na súa 12ª edición. Castañas e cogomelos son os ingredientes protagonistas destas pequenas delicias gastronómicas que vos sorprenderán e cativarán os vosos padais.
Web do Concurso