Roteiro Monumental (ampliado)
Segue a descubrir o Ourense Monumental a través deste roteiro ampliado con alternativas algo máis afastadas do centro pero igual de interesantes. En varias das súas paradas atoparedes algunhas das mellores vistas panorámicas da cidade.
Alameda
Igrexa da Trindade
Praza dos santos Cosmede e Damián
Claustro de San Francisco
Praza do Ferro
Igrexa de Santo Domingo
Igrexa dos Franciscanos
Centro Cultural Marcos Valcárcel
Ponte Vella
Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé
De orixes medievais, é un dos recunchos que aínda conservan o encanto de finais do XIX, con belas mostras de arquitectura modernista.
A imaxe de San Roque dá a benvida a esta singular igrexa, construída sobre unha antiga necrópole romana. O frontón é orixinario do antigo hospital dedicado ao santo, xa desaparecido.
Coñecida por atoparse aquí o curioso Belén de Baltar, foi durante a Idade Media unha das portas da cidade.
Un claustro sen igrexa, recordo do convento franciscano que logo se transformaría en cuartel militar. A fermosa decoración dos seus arcos merece unha visita.
Antigo mercado de utensilios de labranza, é a entrada natural dos «Viños», a zona clásica de tapeo e tabernas en Ourense.
Igrexa pertencente a un antigo convento dominico fundado no século XVII. A sinxeleza da súa fachada contrasta cos retablos do interior, de douradísimo estilo barroco.
Orixinaria do mosteiro de San Francisco, esta pequena igrexa entre grandes edificios modernos agocha nos capiteis da súa fachada a imaxe dun gaiteiro.
Antigo comercio téxtil rehabilitado como centro expositivo, é un magnífico exemplo do Modernismo en Ourense.
Foi o primeiro paso sobre o Miño e todo un fito de enxeñería na Antigüedade. De orixe romana aínda moitas veces reconstruída, a silueta dos seus arcos centrais é un dos símbolos de Ourense.
Lugar de encontro entre a natureza e o pasado, Santomé é un magnífico bosque autóctono que esconde un xacemento arqueolóxico onde conviven a cultura castrexa e a galaico-romana.