De paseo por Seixalbo

Un tranquilo paseo polas rúas deste núcleo de interese etnográfico que aínda conserva o encanto da vila medieval que foi, dedicada ao cultivo do viño.

O núcleo rural de Seixalbo está situado na Vía da Prata-Camiño Mozárabe, no que outrora foi o Camiño Real a Castela, e dá a benvida aos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago. Na Idade Media foi terra humilde dedicada ao cultivo de viñedos, na que labregos e xornaleiros traballaban as terras do Cabildo Catedralicio, señor do lugar.

A historia lembra os seus habitantes pola honra de seren os primeiros en conseguir a exención dos foros que pagaban polo uso destas terras de propiedade eclesiástica. Conseguírono en 1859, cen anos antes que no resto de Galicia, despois de dúas décadas de preitos contra a Catedral. Un fito que na actualidade se lembra cunha festa de recreación histórica que se celebra a comezos de verán.

Declarado Núcleo de Interese Etnográfico, Seixalbo conserva o aspecto que houbo de ter no medievo, cheo de recunchos e rúas estreitas esperando ser descubertas.

Compartir

1
Parque da Infesta
2
Casa do Coronel Abelardo Arce
3
Praza das Laxas
4
Igrexa de Seixalbo
5
Casa parroquial
6
Praza de Freire Carril
7
Rúa da Tulla
8
A Requeixada
9
Rúa de Amendo
10
Canella do Lagar
11
Praza do Cabildo
12
Rúa das Oliveiras
13
Praza Maior
14
Rúa Maior
15
Museo Circo de los Muchachos

Parque da Infesta

Casa do Coronel Abelardo Arce

Praza das Laxas

Igrexa de Seixalbo

Casa parroquial

Praza de Freire Carril

Rúa da Tulla

A Requeixada

Rúa de Amendo

Canella do Lagar

Praza do Cabildo

Rúa das Oliveiras

Praza Maior

Rúa Maior

Museo Circo de los Muchachos

Pechar
Parque da Infesta
title_grouping

Espazo público onde Seixalbo celebra o seus eventos e festas, coma a de San Xoán ou a cea de confraternización de San Breixo, patrón da parroquia.

Na entrada, unha vella prensa restaurada lémbranos que este lugar foi terra de viño e viñedos.

Pechar
Casa do Coronel Abelardo Arce
title_grouping

Hoxe centro cívico e veciñal, no seu momento a súa construción constituíu un símbolo de modernidade. Rivaliza visualmente coa torre da igrexa e contrasta coas antigas galerías de pedra das casas da Rúa Estreita, ao seu carón.

Pechar
Praza das Laxas
title_grouping

Nesta pequena praza construída sobre penedos érguese unha das poucas casas con escudo de armas: á esquerda o brasón dos Nóvoa, e á dereita o dos Henríquez. Dende aquí enxérgase xa a Rúa Maior, lugar de tránsito das procesións relixiosas. O fondo da costa leva o nome de Ponte do Río, pois houbo alí unha ponte que cruzaba o regato.

 

 

 

Pechar
Igrexa de Seixalbo
title_grouping

A súa fachada, obra de Vázquez Gulías, é de comezos do XX e substituíu outra anterior de estilo románico. O reloxo, pagado «a escote» pola veciñanza, marcou o ritmo das tarefas do campo durante todo o século pasado e foi un elemento crucial nas quendas de rega.

No interior do templo destaca o gran arco de ferradura reconstruído e a capela de San Roque, de estilo plateresco (s. XVI).

Pechar
Casa parroquial
title_grouping

Foi hospital de peregrinos, do que se conserva o arco de entrada. Canda a ela, uns chanzos de pedra baixan á que foi durante anos a única fonte pública do núcleo, hoxe integrada nun parque infantil.

Pechar
Praza de Freire Carril
title_grouping

O seu nome fai referencia a quen durante anos liderou a loita veciñal contra a Catedral pola exención dos foros. Recentemente reformada, foi unha antiga aira con fonte, logo transformada en lavadoiro.

Pechar
Rúa da Tulla
title_grouping

Os corredores sustentados sobre grandes pedras foron moi frecuentes en Seixalbo. Os da casa da Valencia Cerviño son un bo exemplo, aínda que non os máis antigos que se conservan. Até o século XIX era común que estes canellóns estivesen cubertos por casas que pasaban dun lado a outro da rúa. Neste recuncho aínda se conservan dous exemplos deses pasadizos.

Pechar
A Requeixada
title_grouping

É sen dúbida unha das zonas máis antigas do núcleo, onde a estreitez das rúas obrigaba a protexer as esquinas das casas do paso dos carros. Quedan aquí restos dunha gran casa con patio e forno, do que aínda se aprecia a parede curva exterior.

Pechar
Rúa de Amendo
title_grouping

Paga a pena percorrer esta vella rúa, antigamente principal saída do núcleo cara a Castela. Conserva casas con corredores de pedra e cantóns, pequenas rúas sen saída. Dende un extremo pódese albiscar o outeiro onde se ergue a capela da Santa Águeda, lugar de romaría e excelentes vistas.

Pechar
Canella do Lagar
title_grouping

Neste fermoso recuncho contrastan as casas grandes e robustas dos labregos coas pequenas casiñas ocupadas polos xornaleiros.

Pechar
Praza do Cabildo
title_grouping

Lugar que evoca aínda vivamente os ecos da relación de Seixalbo coa Catedral. Consérvase a Tenencia, gran almacén onde se recollía o viño dos foros. Nela celébrase hoxe a Festa dos Foros, na que se lembra o fito histórico que foi a exención do pago das rendas ao bispado.

Pechar
Rúa das Oliveiras
title_grouping

Esta rúa conserva algúns dos elementos construtivos máis característicos das casas de Seixalbo até o século XIX: as escaleiras de pedra por fóra e as galerías.

Pechar
Praza Maior
title_grouping

Noutros tempos Aira Vella, aquí estivo o Pazo Vello, casa nobre adquirida e desmantelada durante a Desamortización. A ela deberon pertencer os escudos de armas que presiden unha das fachadas, todos do século XVI. Nesta praza, escavada na rocha, atopábase a antiga taberna de poxa para a explotación e o lugar de reunión do concello. No centro, un fermoso cruceiro con catro medallóns cos símbolos dos evanxelistas.

Pechar
Rúa Maior
title_grouping

Por ela discorría o antigo Camiño Real até a contrucción da estrada Vigo-Villacastín. Aquí ábrense dous cantóns: o da Cadea, chamado así porque aquí se atopaba o antigo cárcere, e o do Forno.

Pechar
Circo de los Muchachos

A un paso da zona monumental de Seixalbo, en Bemposta, atópase unha visita singular: a antiga Ciudad de los Muchachos. Percorre parte da antiga poboación e descubre a súa historia no Museo do Circo de los Muchachos.