Ruta do Románico en Ourense
Seguimos as pegadas deste estilo puramente medieval na cidade, nun paseo que comeza na Catedral de San Martiño e continúa explorando o aínda descoñecido rural ourensán.
Roteiro Monumental (básico)
Se tedes pouco tempo, aquí tedes un paseo curto polo Centro Histórico de Ourense para descubrir os monumentos imprescindibles.
Roteiro Monumental (ampliado)
Segue a descubrir o Ourense Monumental a través deste roteiro ampliado con alternativas algo máis afastadas do centro pero igual de interesantes. En varias das súas paradas atoparedes algunhas das mellores vistas panorámicas da cidade.
Ourense Modernista
Un percorrido por algúns dos edificios da Bela Auria de comezos do século XX, época onde destacou o xenio do arquitecto Vázquez Gulías, e que hoxe nos evocan a transformación da cidade.
De paseo por Seixalbo
Un tranquilo paseo polas rúas deste núcleo de interese etnográfico que aínda conserva o encanto da vila medieval que foi, dedicada ao cultivo do viño.
Roteiro d’A Esmorga
Itinerario polos escenarios urbanos da novela A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, unha das obras cume da literatura galega.
Roteiro Literario Carlos Casares
Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941 – Vigo, 2002) pertence a esa particular galaxia literaria de escritores que atoparon en Ourense inspiración para os seus textos. Ao longo da… [continúa]
Roteiro do Ourense literario
Un paseo polos escenarios e figuras máis emblemáticas da cultura e as letras galegas na cidade das Burgas
Paseo pola escultura urbana
Un roteiro para descubrir as principais estatuas e esculturas da cidade
Ourense a través das súas mulleres
Coñece algún dos recunchos da cidade vencellados a mulleres destacadas.