Ponte Vella
Foi o primeiro paso sobre o Miño e todo un fito de enxeñería na Antigüedade. De orixe romana aínda moitas veces reconstruída, a silueta dos seus arcos centrais é un dos símbolos de Ourense.
Ponte do Milenio
Símbolo do Ourense contemporáneo, foi construída en 2001 e con ela Ourense entrou no novo milenio. Sorprenden a súa silueta e a súa pasarela peonil, que se eleva até 22 metros sobre o río.
Ponte Nova
Foi a segunda das pontes sobre o Miño, construída cos cambios que transforman a cidade a finais do XIX. O seu arco metálico lembra os deseños de Eiffel.
Ponte Novísima
Foi unha construción crucial no desenvolvemento dos «accesos a Galicia» que nos anos 70 conectan este territorio coa meseta.
Ponte do Loña
Unha fermosa ponte medieval aínda transitable, inicia a ruta cara a Santomé, poboado castrexo e romano ao que posiblemente xa deu servizo hai centos de anos.
Viaduto
Unha obra de enxeñaría de gran envergadura pero sorprendente lixeireza. Unha mágoa que só poida visitarse desde o tren.
Encoro de Velle
A estrada sobre as comportas do encoro de Velle é un paso habitual do Miño con vistas á cidade.
Pasarelas peonís
A construción de pasarelas peonís permitiu pechar o corredor natural do Miño: máis de 14 km libres de tráfico rodado para gozar a pé, correndo ou en bicicleta.