Plans de Primavera
Achégate a Ourense en primavera e goza da súa completa axenda de actividades especiais.
Concurso de Pinchos de Primavera 2023
Dende o 21 de abril ao 1 de maio a cidade de Ourense acollerá a sétima edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera, no cal participarán 50 locais repartidos por toda a cidade.
Veciños da cidade e visitantes converteranse en críticos gastronómicos e poderán escoller o seu pincho favorito, optando a diversos agasallos que inclúen vales de compra, lotes de produtos ou estancias nun hotel. A temática dos pinchos é libre e os prezos destas elaboracións gastronómicas oscilan entre 2’50 e 3’50 euros. Para poder participar no concurso, deberase degustar polo menos catro pinchos diferentes,… continúa
Semana Santa 2023
Ideas para sacar o máximo partido á vosa estadía na cidade de Ourense durante Semana Santa
Ourense festexa o Día Mundial da Auga 2023
Desde o ano 1993, cada 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga, evento promovido polas Nacións Unidas que ten por obxectivo destacar a importancia da auga e concienciar sobre a relevancia deste recurso.
Este ano o lema desta acción é “Acelerando o cambio” e céntrase en desenvolver o obxectivo 6 da Axenda 2030: garantir a dispoñibilidade de auga, a súa xestión sostible e o saneamento para todos, pondo en relevo esas pequenas accións coas que podemos contribuir a “acelerar” o proceso, entre as que… continúa
Trens turísticos de Galicia 2023
Ourense será o punto de inicio de cinco rutas dos Trens Turísticos.
Ourense a toda velocidade
Para celebrar o primeiro aniversario da conexión de Ourense coa capital do Estado por Alta Velocidade, recompilamos algúns datos sobre o ferrocarril e a cidade das Burgas.
Volve a maxia do Nadal
Descobre todas as actividades especiais do Nadal en Ourense.
Nova estrela Michelín en Ourense
O restaurante Ceibe, na rúa San Miguel, acaba de recibir esta distinción.
O outono é tempo de Ourense
Polo Magosto e por moitas razóns máis, o outono é un momento ideal para visitar Ourense.
Reapertura da Chavasqueira e Muíño da Veiga
A Chavasqueira e Muíño da Veiga abren de novo as súas instalacións para o baño.
Ourense de medo (Samaín 2022)
Goza dunha noite de misterio en Ourense. Ven ao Samaín 2022!
Este verán goza do ioga termal
Aproveitate de todos os beneficios do ioga e das augas termais, coas sesións de ioga termal que se realizan este verán nas termas de Burga de Canedo – Outariz.
Esta actividade é gratuita e está promovida pola Concellería de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense. Realizaráse todos os martes de xullo, agosto e setembro ás 11:00 e 20:00 horas. Cada sesión ten unha duración dunha hora, e para participar é necesaria inscripción previa. Lembra levar bañador/bikini, chanclas e toalla. E se queres utilizar as taquillas, tamén deberás levar un pequeno candado.
Estas sesións de ioga utilizan o… continúa