Sabores de Ourense – Outono 2016
La próxima edición otoñal del Concurso de Pinchos Sabores de Ourense se celebrará del 28 de octubre al 13 de noviembre
Concello e Unión de Hosteleiros de Ourense (UHO) están xa a traballar nos detalles da nova edición de outono do Concurso de Pinchos «Sabores de Ourense». Do 28 de outubro ao 13 de novembro, a máis veterana das competicións gastronómicas da cidade – a edición de outono – reunirá as mellores elaboracións a base de setas, castañas e outros produtos de tempada. O inicio do concurso coincide co arranque do 21º Festival de Cine Internacional de Ourense, unha das citas culturais clave do ano e que trae á cidade o mellor do cine independente do panorama nacional e internacional do momento.
A pasada edición do concurso de pinchos de outono congregou a máis de 50 establecementos competindo por premios nalgunha das diferentes categorías nas que habitualmente se organiza este certame: premios d o xurado profesional, premios do público e premio especial para o mellor pincho apto para celíacos. A cita é sen dúbida unha ocasión ideal para coñecer de primeira man o máis delicioso da escena gastrónomica local, xa que o mapa de participantes non se limita á zona de tapeo de «Os Viños»: exténdese a outros barrios como a zona Centro, A Ponte, San Francisco, Mariamansa….e incluso hai petiscos de inspiración xaponesa nas instalacións termais de Outariz e A Chavasqueira.
Xunto con Concurso de Pinchos e o Festival Internacional de Cine, lembrade tamén que o 11 de novembro Ourense celebra unha das súas festas grandes, o San Martiño e os tradicionais Magostos, a nosa peculiar festa gastronómica adicada ás castañas, que saboreamos ao redor de cacharelas en compaña de familia e amizades. Este animado cóctel de eventos xunto con algunha outra sorpresa que iremos coñecendo nos próximos días auguran un outono moi intenso na cidade das Burgas…non volo podedes perder!
Información para establecementos participantes
Para todos aqueles establecementos que queiran participar, na barra lateral atoparán tanto as bases do concurso «Sabores de Ourense – Edición Outono 2016 » como a ficha de inscripción, que debererán descargar e cubrir seguindo paso a paso as instruccións. Como vén sendo habitual, os requisitos de participación esixen que a receta proposta inclúa seta ou castañas, o prezo final de venta non supere os 2,50€ e que se trate de elaboracións orixinais, que no participaran en edicións anteriores.
O prazo arranca o venres 23 de setembro e finalizará o venres 30.