Curso en promoción turística local e información ao visitante

O Concello de Ourense, no marco do programa Ourense Activa, convoca actividades formativas dirixidas a menores de 30 anos, entre as que se inclúe un itinerario de promoción turística local e información ao visitante. Trátase dunha formación de 690 horas con certificado de profesionalidade 2 ó 3.
O prazo de inscrición xa está aberto e pode formalizarse no Centro de Iniciativas Empresariais:

  • Servizo de Emprego, Promoción Económica e Formación Ocupacional – Concello de Ourense
  • Rúa Padre Feixóo núm. 1A – CP 32005
  • Tel: 988 269 329
  • Mail: ourenseactiva3@ourense.gal

As persoas interesadas deberán estar inscritas como desempregadas no Servizo Público de Emprego de Galicia, estar dadas de alta no sistema de Garantía Xuvenil, ser menores de 30 anos e non estar a realizar estudos oficiais nin traballando.

A actividade comezará a partir do 6 de marzo.

Ourense Activa

Este curso de promoción turística local enmárcase no programa Ourense Activa, unha iniciativa de emprego cofinanciada polo Fondo Social Europeo que ofrece aos seus beneficiarios formación especializada e itinerarios personalizados para obter un Certificado de Profesionalidade. Forma parte das accións do Programa Operativo de Emprego Xuvenil (axudas AP-POEJ) destinado á integración sustentable de mozas no mercado de traballo, no contexto do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

O seu principal obxectivo é formar e calificar a menores de 30 anos en sectores estratéxicos para tratar de xerar emprego de calidade. O programa estrutúrase ao redor de cinco ámbitos relacionados con sectores clasificados pola Estratexia Española de Activación para o Emprego como actividades que resistiron a crise e que mostran boas perspectivas de futuro. Pero tamén “pola súa especial vinculación co noso tecido económico”, confirmou o rexedor.

Trátase de itinerarios formativos personalizados nos que os participantes contarán con formación en sectores estratéxicos, prácticas laborais e formación transversal, así como unha axuda económica de até 300 € e titorización durante todo o proceso.

As cinco actividades son:
Xestión do pequeno comercio (530 h)
Promoción turística local e información ao visitante (690 h)
Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web (590 h)
Desenvolvemento de produtos multimedia interactivos (540 h)
Atención sociosanitaria a persoas dependientes en institucións (450 h)