Descubre Ourense no Día Mundial do Guía Turístico

O martes 21 de febreiro a Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia organiza visitas guiadas de balde. En Ourense será ás 12.00h nos Xardíns Padre Feijóo (Oficina Municipal de Turismo)

Con gallo da celebración do Día Internacional do Guía Turístico a Asociación de profesionais de Galicia  (APIT) convídanos a participar nunha serie de visitas guiadas polas principais cidades galegas o vindeiro martes 21 de febrero.  En Ourense teremos a oportunidade de coñecer todos los encantos  da Cidade Vella da man de profeisonais especializados. A visita está convocada para as 12.00 h na Oficina Municipal de Turismo, nos Xardíns Padre Feijóo, para a que non é preciso facer reserva previa. Ao rematar, os participantes poderán facer doazóns que irán destinadas íntegramente a ASEIA, a Asociación para a Saúde Emocional da Infancia e a Adolescencia. Un xesto solidario para participar nun día co que se pretende potenciar e dignificar a labor destes profesionais do sector turístico.

Alí nos vemos, buscade os paraugas amarelos.