Ponte das Letras Galegas en Ourense
Actividades, concertos e exposicións para celebrar este 17 de maio o Día das Letras Galegas en Ourense.
O venres 17 de maio Galicia celebra o seu Día das Letras Galegas, unha xornada festiva que nos deixa unha magnífica ponte de 3 días: unha escapada para gozar do sol e as boas temperaturas primaverais, pero tamén para descubrir a figura e o legado do homenaxado de este ano, o intelectual Antonio Fraguas, promotor do Museo do Pobo Galego.
En Ourense celebramos esta festa con actividades infantís e varios conciertos musicais: un interesante programa que se completa coas actividades do Día Internacional dos Museos e demais propostas da nosa axenda. E, por suposto, patrimonio para perderse, espazos termais para relaxarse, gastronomía para saborear… #UnPlanPerfecto en Ourense para esta ponte festiva.
-
Concierto – Rosa Cedrón & Emilio Rúa
- 16 maio ás 20.30 h – Liceo de Ourense
-
Concerto didáctico infantil – O Capitán Garfo: Cociñando Música
- 17 maio ás 11.30 h – Centro Municipal Jose Ángel Valente
-
Concerto – «Cantos de terra e sal» de Carmen Penim e Banda
- 17 maio ás 12.30 h – Centro Municipal Jose Ángel Valente
-
Desfile da Banda de Gaitas de Forcarei
- 17 de maio ás 19.00 h – Saída da rúa do Paseo con fin na Praza Maior
Paseos para celebrar as Letras Galegas
Roteiro do Ourense Literario
Un xeito orixinal de gozar de Ourense estes días é descubrir a súa faciana máis literaria: percorrer os primeiros pasos da Xeración Nós, pasear por escenarios de novelas e relatos, descubrir os cafés faladoiros, as redaccións de xornais…
Ver roteiro
Se queredes ampliar a visita, non deixedes de consultar outras rutas como a d’A Esmorga, a famosa novela de Blanco Amor, ou a dedicada a Carlos Casares.