Concurso de Pinchos de Primavera 2023

Dende o 21 de abril ao 1 de maio a cidade de Ourense acollerá a sétima edición do Concurso Sabores de Ourense – Pinchos de Primavera, no cal participarán 50 locais repartidos por toda a cidade.

Veciños da cidade e visitantes converteranse en críticos gastronómicos e poderán escoller o seu pincho favorito, optando a diversos agasallos que inclúen vales de compra, lotes de produtos ou estancias nun hotel. A temática dos pinchos é libre e os prezos destas elaboracións gastronómicas oscilan entre 2’50 e 3’50 euros. Para poder participar no concurso, deberase degustar polo menos catro pinchos diferentes,… continúa

Ver máis

Ourense a toda velocidade

Para celebrar o primeiro aniversario da conexión de Ourense coa capital do Estado por Alta Velocidade, recompilamos algúns datos sobre o ferrocarril e a cidade das Burgas.

Ver máis

Este verán goza do ioga termal

yoga termal Ourense

Aproveitate de todos os beneficios do ioga e das augas termais, coas sesións de ioga termal que se realizan este verán nas termas de Burga de Canedo – Outariz.

Esta actividade é gratuita e está promovida pola Concellería de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense. Realizaráse todos os martes de xullo, agosto e setembro ás 11:00 e 20:00 horas. Cada sesión ten unha duración dunha hora, e para participar é necesaria inscripción previa. Lembra levar bañador/bikini, chanclas e toalla. E se queres utilizar as taquillas, tamén deberás levar un pequeno candado.

Estas sesións de ioga utilizan o… continúa

Ver máis