Vive o verán en Ourense

Por fin chegou o verán e o tempo das vacacións. O período estival en Ourense trae consigo algunhas novidades que vos deixamos na nosa web, para que gocedes ao máximo da vosa visita na cidade das Burgas.

Ver máis

Ourense en festas

Do 23 de xuño ao 1 de xullo Ourense celebra as súas Festas Maiores. Descubre aquí toda a programación para estes días: concertos, actividades infantís, animación de rúa, deportes….

Ver máis

Esta primavera Ourense é #UnPlanPerfecto

O bo tempo xa asoma por Ourense e revoluciona a cidade, que estes días rebosa actividade polos catro costados. Música, teatro, moda, gastronomía, augas termais e flores por doquier: a primavera chegou e queremos celebralo contigo.

Ver máis

Vive a Semana Santa en Ourense

Visitas guiadas, exposicións, plans e todo o programa de pasos e procesións relixiosas para que descubras a Semana Santa en Ourense, unha festa chea de tradición e cor con curiosas cerimonias como o Desplante.

Ver máis

22 de marzo – Día Mundial da Auga

A cidade das augas celebra este día con actividades abertas para coñecer mellor este elemento, central en Ourense. Cata de aguas, xogos e obradoiros, horario ampliado nas Burgas e un divertido roteiro interpretado polas marxes termais do Miño

Ver máis

Ano Europeo do Patrimonio Cultural

Un paseo por dez espazos emblemáticos da cidade, todos declarados Ben de Interese Cultural, para entender que é o patrimonio cultural e como contribuíu a definir a nosa historia e identidade colectiva.

Ver máis

Ourense, Capital do Entroido

Enfúndate nun disfrace e pon a punto a túa máscara. Sal á rúa e goza. Reláxate. Divírtete, Convértete noutra persoa. O Entroido chegou a Ourense e a cidade encheuse de cor e música. Está todo listo, só faltas ti.

Ver máis

Ourense Capital do Nadal

Este Nadal anímate a descubrir Ourense. A cidade encheuse de luces, cor e moita ilusión para celebrar estas datas tan especiais, con multitude de propostas para gozar en familia.

Ver máis

Descobre Ourense con Martiño

Dúas propostas moi especiais para que os máis pequenos descobran Ourense con outros ollos, da man deste simpático león, recén saído do escudo da cidade.

Ver máis