Plans de Primavera
Achégate a Ourense en primavera e goza da súa completa axenda de actividades especiais.
Semana Santa 2023
Ideas para sacar o máximo partido á vosa estadía na cidade de Ourense durante Semana Santa
Ourense festexa o Día Mundial da Auga 2023
Desde o ano 1993, cada 22 de marzo celébrase o Día Mundial da Auga, evento promovido polas Nacións Unidas que ten por obxectivo destacar a importancia da auga e concienciar sobre a relevancia deste recurso.
Este ano o lema desta acción é “Acelerando o cambio” e céntrase en desenvolver o obxectivo 6 da Axenda 2030: garantir a dispoñibilidade de auga, a súa xestión sostible e o saneamento para todos, pondo en relevo esas pequenas accións coas que podemos contribuir a “acelerar” o proceso, entre as que… continúa
Entroido en Ourense
Na rúa, ao ritmo da música e sempre con bo humor: o Entroido en Ourense vívese intensamente. Do 28 de febreiro ao 6 de marzo enfúndate no teu disfrace e ven gozalo.
Saborosos plans de novembro
Do 5 ao 18 de novembro Ourense celebra o seu concurso de petiscos de outono #SaboresdeOurense, unha oportunidade ideal para coñecer a mellor gastronomía local e un plan perfecto para descubrir a cidade no mes dos Magostos, a festa de interese turístico coa que recibimos a estación.
Horarios Semana Santa 2018
Guía de horarios especiais para esta Semana Santa 2018 – Para que aproveites ao máximo a túa estancia en Ourense!
Descubre Ourense no Día Mundial do Guía Turístico
O martes 21 de febreiro a Asociación Profesional de Guías Turísticos de Galicia organiza visitas guiadas de balde. En Ourense será ás 12.00h nos Xardíns Padre Feijóo (Oficina Municipal de Turismo)
Todo o sabor está en Xantar
Do 1 ao 5 de febreiro a cidade acolle o Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR: menús especiais, showcookings, catas e moitas outras actividades para descubrir o mellor da gastronomía española, portuguesa, latinoamericana e, por suposto, todos os #SaboresdeOurense
Horarios de Nadal
Piscina termal das Burgas
- 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro: As instalacións permanecerán pechadas.
- 24 e 30 de decembro e 5 de xaneiro: As instalacións abrirán só en horario de mañá (de 10.00 a 13.00 h)
- Luns – día de peche
Centro de Intepretación As Burgas
- 24,25 e 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro: O centro permanecerá pechado.
- 5 de xaneiro: O centro permanecerá aberto até as 19.00
- Luns – día de peche
Estaciones termais de Outariz e… continúa
Aberto o prazo de elección para os cinco finalistas do concurso de carteis das festas de Ourense
Os veciños e veciñas de Ourense poden, desde hoxe, participar no proceso de elección do cartel das Festas de Ourense (25 de xuño / 3 de xullo). Das 14 propostas presentadas, un xurado profesional elixiu as cinco propostas finalistas que se poden votar a través de www.ourensecultura.com/concursos. O sistema de votación é sinxelo: Só se admite un voto por persoa; o número de DNI que se solicita unicamente é para evitar duplicidades no proceso e non se utilizará para ningún outro fin. Ademais, os carteis finalistas serán expostos na Rúa do Paseo para que todos os cidadáns coñezan… continúa