
Horarios de Semana Santa 2017
Moita atención ao calendario para non perdervos ningunha visita imprescindible esta Semana Santa en Ourense

Oficina Municipal de Turismo
- Xoves, Venres e Sábado (13,14, 15 de abril): 11.00 a 14.00 e 17.00 a 19.00 h
- 16 de abril – Domingo de Pascua: 11.00 a 14.00 h
- O resto dos días manteranse os horarios habituais.

Catedral de San Martiño
Pola súa natureza relixiosa, a Semana Santa é unha data significativa para a Catedral e o Bispado, con multitude de actos litúrxicos entre os que destacan, pola súa vistosidade, as procesións. Por iso, nestes días a Catedral restrinxe o seu horario de visitas turísticas.
No entanto, as portas do templo permanecerán abertas durante o horario de culto. Nestes momentos esíxese o máximo respecto das celebracións relixiosa e non está permitido sacar fotografías, gravar vídeo, etc.
- 12 de abril – Mércores Santo: 11.00 a 14.30 e 16.00 a 18.30 h
- 13 de abril – Xoves Santo: 11.00 a 16.00 h
- 14 de abril – Venres Santo: 11.00 a 16.00 h
- 16 de abril – Domingo de Pascua: 13.00 a 15.00 e de 16.00 a 19.00 h
- O resto dos días manteranse os horarios habituais.

Estación Termal de Outariz
- Martes: 15.00 – 23.00 h
- Xoves, Venres e Sábado: 09.00 – 01.00 h
- Domingo de Pascua: 09.00 – 01.00 h
- O resto dos días manteranse os horarios habituais.

Estación Termal da Chavasqueira
- Luns: Día de peche
- Martes, Mércores: 09.00 – 23.30 h
- Xoves, Venres: 09.00 – 01.30 h
- Sábado: 09.00 – 02.30 h
- Domingo: 09.00 – 23.30 h
- O resto dos días manteranse os horarios habituais.

Claustro de San Francisco
- De martes a sábado: 11.30 – 13.30 e 17.00 – 20.00 h
- Domingos: 11.30 – 13.30 h