Mostra de Teatro Infantil (MOTI)
Decembro-Xaneiro
Teatro de rúa, clowns, monicreques e marionetas, teatro de actor, danza, maxia, musical, xestual, teatro de obxectos…
Máis de dez anos programando teatro infantil en Nadal.
Última ediciónFestival Pórtico do Paraíso
Marzo
Ciclo de concertos de solistas e grupos de música culta e sacra en escenarios excepcionais, empezando pola Catedral de Ourense.
Última ediciónMostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU)
Abril
En marcha desde 1994, a MITEU é un auténtico conglomerado cultural co teatro universitario como núcleo, ao que se foron sumando programación de teatro profesional, concertos, exposicións, conferencias, cursos, animación de rúa…
Última ediciónFestival Jazz de Primavera
Marzo
Actuacións en directo dalgúns dos mellores artistas de música jazz do momento e masterclasses.
Última ediciónFestival Internacional de Teatro de Ourense (FITO)
Octubre
Ciclo teatral do outono, o FITO reúne a destacadas compañías de teatro tanto nacionais como internacionais con espectáculos de primeiro nivel, nunha coidada programación que aposta pola calidade e o arte comprometido.
Última ediciónFestival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF)
Outubro-Novembro
Con dúas décadas de traxectoria, o OUFF presenta cada ano unha selección das producións cinematográficas e audiovisuais máis innovadoras e destacadas de Galicia, Europa, América Latina e o resto do mundo: traballos todos cuxo denominador común é a temática comprometida e a innovación nas formas.
Sitio oficialCiclo Enclave de Cámara
Outubro-Xuño
Programación consagrada á música de cámara, con concertos de artistas de prestixio internacional os primeiros xoves de mes.
Última edición