Ourense, Capital Termal
Ourense, Capital Termal de Galicia. Descobre a riqueza termal de Ourense. Saúde e benestar nas numerosas termas da cidade: fontes e baños termais abertos durante todo o ano.
Ourense, Capital Termal de Galicia
A inmensa riqueza de augas termais que atesoura Ourense converteu esta cidade na Capital Termal de Galicia. Un caudal de máis de 3 millóns de litros de auga termal mana cada día a través de numerosos mananciais repartidos polo municipio.
Un verdadeiro tesouro natural que situou á cidade de Ourense como un dos principais destinos europeos de turismo de saúde, e unha das poucas poboacións de España integradas no Itinerario Europeo de Cidades Termais Históricas.
A continuación explicámosche brevemente todo o que necesitas saber sobre as termas de Ourense:
– De onde xorde a agua
– Beneficios das termas
– Historia das termas
– As Burgas
– Paseo Termal
– Tarifas e condicións de uso
– Cómo chegar ás termas
– Saber máis sobre as termas
Agasallo da naturaleza
En Ourense, a maxia da natureza transforma a auga da choiva en cálidas augas con prezadas propiedades mineromedicinais. Un milagre xeolóxico que se debe ás peculiaridades do subsolo ourensán, así como a un singular proceso que ten lugar a quilómetros baixo terra e que demora varios anos en completarse. O resultado é un auténtico agasallo da natureza: augas puras con propiedades mineromedicinais que brotan directamente do interior da terra e que destacan polas súas elevadas temperaturas.
Cada manancial termal presenta unhas características propias que son consecuencia do percorrido que realizan as súas augas desde o interior da terra até acadar a superficie. A auga bole e, no seu ascenso, fíltrase polas fracturas da cortiza terrestre, das que vai absorbendo minerais (selenio, xofre, sodio, flúor…) e adquirindo diferentes temperaturas, que nalgúns casos superan os 70ºC.
Beneficios das termas
A tradición atribúe a cada manancial virtudes propias, e algúns veciños encomian as propiedades das súas augas para curar todo tipo de doenzas e tratamentos de beleza… Aínda queda moito que investigar neste aspecto, pero non se poden negar as súas indiscutibles bondades para o benestar: as súas cálidas temperaturas descontraen músculos e axudan a relaxarse.
Os baños termais de Ourense son espazos de uso lúdico que contribúen ao relax e ao benestar.
Tradición termal secular
O aproveitamento das augas termais acompañou a Ourense ao longo de toda a súa historia. Foron os romanos quen, atraídos por estas augas, decidiron asentarse ao redor das Burgas, dando orixe a unha pequena poboación na que construíron balnearios e un santuario dedicado ás divindades destas augas. Xunto aos restos deste templo acháronse numerosas aras votivas, moitas delas dedicadas a deuses indíxenas, o que delata que estas augas eran veneradas mesmo antes da orixe romana da cidade.
Baños termais durante todo o ano
Actualmente existen varios espazos termais de uso lúdico, con vasos de auga quente ao aire libre, tanto no centro urbano como na contorna do río Miño. Permanecen abertos durante todo o ano, de forma que se pode gozar de pracenteiros baños nas súas cálidas augas mesmo os días de frío e choiva (unha experiencia que non podes perder).
As Burgas: historia termal no centro de Ourense
Moi preto da Praza Maior atópanse As Burgas, as termas ao redor das que naceu a cidade. Nas súas emblemáticas fontes pódese sentir a calor dos seus mananciais e emchouparse de historia. Aquí pódese pasear entre os vestixios do antigo balneario e do santuario romanos, ou mesmo emular os baños daquela época, mergullándose na súa piscina termal.
Paseo Termal: natureza e exuberancia
As apracibles beiras do río Miño acollen o Paseo Termal, un corredor verde que se estende ao longo de 4 quilómetros e que se caracteriza pola súa concentración de mananciais mineromedicinais. Un paraíso do benestar no que se integran natureza co coidado do corpo e a saúde.
Aquí atópanse os baños termais da Chavasqueira, Muíño da Veiga, Outariz e Burga de Canedo, así como a fonte do Tinteiro.
Pracer e saúde para todos
En Ourense os baños termais son un luxo ao alcance de todo o mundo: ou ben son gratuítos, ou teñen prezos moi populares. É importante coñecer as súas condicións de uso, en especial de viaxar con nenos pois existe unha idade mínima de acceso. Cómpre levar roupa de baño, chancletas e toalla. Todos os espazos termais están equipados con vestiarios para poder cambiarse.
Doutra banda, antes de usar estas instalacións é aconsellable consultar co seu médico, particularmente de sufrir algunha doenza ou estar en tratamento.
Como chegar ás termas
En Ourense existen dúas zonas termais: As Burgas, na parte histórica; e o Paseo Termal, nas beiras do río Miño. As Burgas atópanse moi preto da Praza Maior e pódese chegar facilmente con coche ou en transporte público (a parada máis próxima é a Alameda).
O Paseo Termal está máis afastado do centro urbano (o estremo máis próximo dista 2 km e o máis afastado 6 km). Trátase dunha zona peonil, aínda que dispón de varios aparcadoiros habilitados e opcións de transporte público. Toda a información detallada para chegar ás termas pode consultarse neste espazo web.
Saber máis sobre as termas de Ourense
Explicámosche máis en detalle toda a información sobre as termas de Ourense:
Termas de Ourense
Atopa a listaxe con todas os espazos termais de uso lúdico de Ourense, tanto no centro da cidade como no Paseo Termal. Escolle os baños e fontes termais que máis che gusten nesta ligazón.
Como chegar
Todo o que precisas saber para chegar ás termas de Ourense, a pé, en coche ou transporte público (tanto o Tren das Termas como as liñas de autobuses regulares). Máis información nesta ligazón.
Consellos para o baño
Recomendacións para gozar do baño nas termas de Ourense. Suxestións para antes e despois do baño. Requirimentos e idade mínima de acceso e outros datos de interese. Máis información nesta ligazón.
Estado actual das termas
Información actualizada sobre as termas que están en funcionamento e o seu horario de apertura. Máis información nesta ligazón.
Moito máis que termas
Ourense ofrece múltiples propostas que a convirten nun destino ideal: cultura, arte, gastronomía, Camiño de Sabtiago..
Descobre todo o que che pode ofrecer a nosa cidade na nosa web.
A arteria verde da cidade concentra numerosos espazos termais onde descansar e desconectar da rutina.
O termalismo en Ourense ten máis de dous mil anos de historia e comeza nos mananciais das Burgas. Os primeiros poboadores romanos levantaron aquí edificios para o culto e goce destas augas, iniciando unha tradición que chega até os nosos días.
Descubre cómo chegar aos espazos termais da cidade de Ourense en transporte público ou en coche. Se prefires usar o coche, lembra que o Paseo Termal é unha zona peonil e deberás dirixirte aos estacionamentos habilitados.