Ourense en Escapadas RENFE

Entre o 21 de febreiro e o 21 de marzo RENFE oferta billetes a partir de 19 € para descubrir Ourense:
Apuntádesvos?

Ourense é un dos destinos elixidos por RENFE para a súa campaña «Escapadas de Inverno»: billetes en trens Alvia e  Longa Distancia con descontos de até o 70%.

Do 21 de febreiro ao 21 de marzo RENFE porá á venda billetes con destino a Ourense a partir de 19 € desde diferentes puntos da Península, especialmente para aqueles viaxeiros procedentes de Madrid. Trátase dunha oportunidade magnífica para descubrir a cidade e a súa Entroido, un dos entroidos máis auténticos de España. Ademais das actividades do entroido da capital, que se poden consultar na web ourensecultura.com, Ourense é a lanzadeira perfecta para descubrir o triángulo máxico do Entroido galego: Xinzo, Verín e Laza.

A oferta cobre praza limitadas en determinados días e trens, até esgotar existencias.

Máis información no portal de RENFE http://www.renfe.com/ofertas/recomienda_ourense.html