Outono é tempo de Ourense

OUTONO É TEMPO DE OURENSE

O outono é unha estación ideal para visitar a cidade de Ourense. A gastronomía, as festas tradicionais, os eventos deportivos, as actividades culturais e artísticas, as termas… sobran motivos para gozar de Ourense no outono.

Algúns plans outonais en Ourense

Noite de medo

31 de outubro

A noite do 31 de outubro, Ourense convértese nun escenario de medo. Desfiles, obradoiros, música, disfraces, actuacións… atréveste?

+ info

Carreira de San Martiño

10 de Novembro

A carreira popular de San Martiño é unha das citas deportivas máis importantes e multitudinarias da cidade.
+ info

Magostos

11 de Novembro

Unha das celebracións máis emblemáticas da cidade de Ourense, declarada Festa de Interese Turístico.
+ info

Máis plans outonais…

Aproveita ao máximo a túa visita á cidade de Ourense. Descobre todas as actividades na nosa axenda do mes.