Os contidos dispoñibles son titularidade do Concello de Ourense, que cede o seu uso con fins non comerciais e sen posibilidade de modificación ou transformación, a fin de facilitar o traballo de terceiros na promoción de Ourense como destino turístico. A atribución e titularidade do material deberá facerse constar sempre e en calquera tipo de soporte coa mención «Concello de Ourense».
Estes contidos só poderán ser utilizados por:
1. Empresas do sector turístico co fin de inserilos exclusivamente en edicións do ámbito turístico de distribución gratuíta.
2. Medios de comunicación en ocasión de artigos ou reportaxes que fagan difusión da imaxe turística de Ourense.
Calquera outro uso requirirá a autorización expresa da Concellería de Turismo do Concello de Ourense
Así mesmo, non se poderá utilizar o material para distinguir nin estar asociado a produtos ou servizos que, pola súa natureza, características ou pola forma e o contexto en que se presenten ou se ofrezan:
a) Induzan, inciten ou promovan actuacións delituosas, denigratorias, ou, en xeral, contrarias á lei, á moral e bos costumes xeralmente aceptadas, ou á orde pública; ou actuacións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición.
b) Sexa falsos, ambiguos, inexactos, esaxerados ou extemporáneos, de forma que induzan ou poidan inducir a erro sobre o seu obxecto ou sobre as intencións ou propósitos do comunicante.
c) Promovan, difundan ou poidan ser asociados ao consumo de drogas e alcol.
d) Teñan un nivel de calidade manifestamente baixo.
e) Supoñan un aproveitamento desleal do prestixio e bo nome asociados á cidade de Ourense.
f) Sexan contrarios, #menosprezar ou atenten os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos Tratados internacionais e no resto da lexislación.
g) Teñan como finalidade ou efecto o descrédito do Concello de Ourense para asocialo coas condutas descritas nos apartados anteriores.