Programa Letras Galegas 2017

A festa da cultura e idioma galegos, o 17 de maio, dedícase este ano Carlos Casares, autor moi vencellado a Ourense. A cidade homenaxe o escritor cunha serie de actos para lembrar a súa figura e obra.

O Día das Letras Galegas é a celebración coa que cada 17 de maio Galicia rende honras a aquelas figuras da literatura, o pensamento e as ciencias que ao longo da súa traxectoria contribuíron á renovación, divulgación e desenvolvemento da cultura e o idioma galegos.

Neste 2017 as Letras Galegas están dedicadas a Carlos Casares Mouriño  (Ourense, 1941 – Vigo, 2002), narrador, ensaísta e dinamizador cultural en cuxos escritos a cidade das Burgas ocupou, en numerosas ocasións, un papel protagonista. No seu recordo e homenaxe, a cidade prepara para estes días unha serie de actividades abertas a público e visitantes.

  • Martes, 16
    • 13.00 h | Xardíns Bispo Cesáreo – Descubrimento da placa homenaxe a Carlos Casares, obra do artista José Cid
    • 20.30 h | Auditorio Municipal – Concerto especial Letras Galegas a cargo da Real Filharmonía de Galicia
  • Mércores, 17
    • De 11 a 21 h na rúa do Paseo poderán visitarse os postos de venda das principais librerías da cidade, por que non regalar un libro nesta festa das letras?
    • 11.30 h | Centro Cultural A. Valente – Punto de encontro da visita guiada polo Roteiro Carlos Casares.
    • 12.00 h | Centro Cultural A. Valente – Maxia e Música con Carlos Casares (actividade infantil)
    • 13.00 h | Rúa do Paseo – «Cantata e fuga para Carlos Casares», recital poétio musical a cargo de Emilio Rúa e Carlos Caneiro.
  • Ademais, ata o 21 de maio, poderá visitarse no Centro Cultural Ángel Valente a exposición «Os Mundos de Carlos Casares», unha colección de máis de 500 pezas ligadas intrinsicamente á figura, obra e tempo do autor.

Coñeces o Roteiro Literario Carlos Casares? Estas datas son perfectas para pescudar os pasos do autor e a súa obra por distintos espazos da cidade e o seu perímetro rural.