Agora Lux Alquiler Turístico Ourense

Agora Lux

Vivenda de Uso Turístico

Luna, 18,

687 211 548

agoralux2019@gmail.com

Apartamento con vistas á Catedral no corazón do centro histórico de Ourense.

Agora Lux é un establecemento de aluguer turístico con capacidade para tres/catro hóspedes en pleno centro histórico de Ourense. O aloxamento atópase a uns 400 metros das fontes termais das Burgas e 300 do Auditorio Municipal, moi próximo á Catedral. Na veciña Praza Maior poderedes tomar o tren das termas até Outariz, nas beiras do Miño.

O aluguer turístico Agora Lux é un apartamento de 1 habitación perfecto para aloxar até 3-4 persoas no corazón do Ourense monumental. Ademais do dormitorio, conta con sala de estar, zona de brunch equipada con microondas e cafeteira así como un baño con ducha e secador de pelo. Hai televisión de pantalla plana e o piso está equipado con aire acondicionado.

Cómodo e céntrico, este aluguer goza dunhas bonitas vistas ás torres da Catedral de San Martiño e é ideal para pasar un fin de semana na cidade e gozar do seu patrimonio, termas e gastronomía. A zona de Viños, coñecida polo seu bo ambiente de tapeo, atópase xusto á beira.