Alquiler turístico Las Burgas

Aluguer turístico Las Burgas

Vivenda de Uso Turístico

Rua Doutor Fleming, 6, 3º dereita,

620 239 223

apartamentolasburgas@gmail.com

Apartamento para sete persoas en pleno centro, moi próximo aos mananciais termais das Burgas.

A vivenda de aluguer turístico Las Burgas ocupa un apartamento recentemente reformado no centro da cidade, a menos de 500 metros das famosas fontes termais e o paseo fluvial do Barbaña.

O apartamento dispón de tres habitacións, dúas delas con cama dobre e unha habitación individual. No salón hai un sofá cama, o que amplía a capacidade de aloxamento até sete persoas. Conta cun baño completo con ducha ademais dun aseo e unha cociña totalmente equipada. Roupa de cama, toallas e vaixela completa están a dispoñibilidade dos hóspedes.

O aluguer turístico As Burgas é un inmoble reformado pensando na comodidade dos seus hóspedes: dispón de aire acondicionado, calefacción e xanelas de dobre acristalamento. Trátase dun terceiro andar nun edificio con ascensor.

Existe a opción de parking privado de pago. Ademais, os anfitrións poñen a disposición dos seus hóspedes servizos de almorzo e lavandaría a domicilio, previa consulta.