Apartamento Casco Antiguo
Apartamento para 4 persoas nunha tranquila praza do Ourense Monumental.
A vivenda de alugueiro turístico Casco Antiguo goza dunha situación inmellorable e moi céntrica na zona monumental de Ourense. Trátase dun aloxamento turístico con capacidade para 4 persoas, ideal para grupos de amigos, familias, parellas ou persoas en viaxe de traballo que anden na procura dun lugar próximo aos principais monumentos da cidade.
O aloxamento ocupa un apartamento de 33m2 novo, acolledor, luminoso. Está distribuido nun dormitorio, salón-comedor, cociña americana e cuarto de baño, todos totalmente equipados. Dispón de calefacción eléctrica, sabas de algodón exipcio e toallas de calidade, ademais boa conexión Wifi e conexión por cable a internet. Para unha maior seguridade dos hóspedes, conta con detector de fume e de monóxido de carbono. O alugueiro turístico Casco Antiguo atópase nun segundo piso con ascensor.
A súa localización é ideal para viaxeiros que queiran gozar da cidade camiñando: a tan só 3 minutos da Catedral e dos Viños, a zona de tapeo e de lecer nocturno; pero nunha praza tranquila e silenciosa. Está a 2 minutos camiñando das piscinas termais das Burgas e da Praza Maior, de onde sae o tren turístico que nos achega aos espazos termais do río.
O alugueiro turístico Casco Antiguo conta con posibilidade de aparcadoiro privado, previa solicitude dos hóspedes.