Casa das Muxicas
Vivenda de Uso Turístico
Lugar de A Conchada, 13, 32981
Casa rústica no fermoso núcleo rural de Palmés, na contorna de Ourense, con capacidade para 6 hóspedes.
A vivenda de alugueiro turístico Casa das Muxicas ocupa unha casa rústica totalmente restaurada na pequena aldea de Palmés, un núcleo rural con encanto na contorna de Ourense. O aloxamento, que conta con parada de autobús urbano nas proximidades, atópase a 12 km da cidade e a tan só 10 minutos das Termas de Outariz.
Casa das Muxicas está distribuida en tres habitacións dobres, polo que é ideal para aloxar a cinco persoas, aínda que admite comodamente unha sexta ao contar con cama-niño. Dispón dunha cociña totalmente equipada (incluíndo lavadora, secadora e lavalouzas) e un baño completo con bañeira de hidromasaxe. O cómodo salón conta tamén cun televisor.
No exterior, a casa conta cun agradable xardín ideal para gozar dun almorzo ao aire libre, así como área de aparcadoiro privado. O espazo é perfecto para gozar da situación privilexada da vivenda, rodeadada por unha zona de viñedos e un bosque magnificamente conservado polo que dar agradables paseos. Está situado nun alto, dominando todo o val do río Miño.