Ourense Existe
Moderno apartamento na área das Burgas con capacidade para 5 persoas.
A vivenda de alugueiro turístico Ourense Existe atópase xunto a área arqueolóxico-termal das Burgas, ao carón da piscina termal e as fontes e a escasos metros da Praza Maior. Trátase dun apartamento para 5 persoas totalmente renovado, silencioso e con moita luz.
Este apartamento de alugueiro turístico organízase en tres habitacións, dispoñendo unha de baño privado en suite, vestidor e zona de traballo. Conta tamén con salón e cociña completa e totalmente equipada. O apartamento destaca pola súa coidada decoración, que combina branco con tons vivos.
Pola súa excelente localización en pleno centro turístico é unha opción ideal para familias ou parellas.