Rincón del Viso
Vivenda de Uso Turístico
O Viso, 11, 32120
Casa para cinco persoas con dous andares e terraza no núcleo rural do Viso.
A vivenda de aluguer turístico “Rincón del Viso” ocupa unha coqueta casa no núcleo do Viso, a dez minutos en coche do centro urbano. A casa está dividida en dous andares de 30 metros cada un: con dous dormitorios na parte superior, e no baixo unha cociña-salón con cheminea francesa e un baño completo con ducha. A casa, ademais, conta cunha terraza con cenador, randeeiras para os cativos e mais unha barbacoa.
O “Rincón del Viso” ten unha capacidade para 5 hóspedes e funciona como aluguer turístico desde agosto de 2021.
O núcleo do Viso atópase entre os concellos de Ourense e Coles, próximo ao Camiño de Santiago e na antiga estrada a Santiago de Compostela.
Registro REAT:VUT-OR-000563