Alquiler turístico Saladina Home

Saladina Home

Vivenda de Uso Turístico

Rúa do Paxaro, 8, 32005

634 851 600

mirgil47@gmail.com

Amplo e cómodo apartamento para catro persoas en pleno Centro Histórico.

A vivenda de alugueiro turístico Saladina Home é un apartamento familiar de 118 m2 en pleno Centro Histórico de Ourense. Atópase  moi preto da zona de tapeo coñecida coma Os Viños e monumentos importante como a Catedral ou as fontes termais das Burgas. O seu portal ten saída á Praza das Mercedes, unha zona con xogos infantís e terrazas onde cear ou tomar algo.

O apartamento, totalmente reformado, ten capacidade para aloxar até 4 persoas. Conta con dúas habitacións dobres, salón, cociña e dous baños perfectamente equipados. As súas habitacións son confortables e dispoñen de todo o necesario para unha estadía cómoda. Saladina Home dispón de conexión WiFi gratuíta.

A persoa anfitrioa está dispoñible para os hóspedes para calquera dúbida ou necesidade que poida xurdir durante a estancia.