Céntrico Burgas Termal

Vivenda de uso turístico

Hernán Cortés, 31 2ºA, 32005

639 097 070

conchisofia65@gmail.com

Moderno apartamento para catro persoas en plena zona monumental, xunto ás milenarias fontes termais.

Cunha localización privilexiada en pleno centro histórico de Ourense, este aloxamento é unha opción ideal para coñecer Ourense, a escasos metros de monumentos como a Catedral, a zona dos Viños, a piscina termal das Burgas ou a Praza Maior, onde tomar o tren das termas ata as ribeiras termais do Miño. A pesar da súa céntrica situación, atópase nunha rúa tranquila e silenciosa, para asegurar o descanso.

O aloxamento, de 45 m2, é novo, acolledor e moi luminoso. Dispón de un dormitorio dobre, salón-comedor (con sofá cama), cociña integrada e cuarto de baño, todo decorado con moito mimo, coidando os detalles e con todo o equipamento necesario para facer que vos sintades como na casa durante a vosa estadía. Dispón de calefacción eléctrica, sabas de algodón exipcio e toallas de calidade. Moi boa conexión Wifi e conexión por cable. Detector de fume e de monóxido de carbono. O edificio dispón de ascensor.

Este aloxamento é ideal para viaxes de amigos, familias, parellas ou viaxes de traballo que desexen cercanía dos principais monumentos.

Existe a posibilidade de parking privado, previa solicitude.