Apartamento Casa Miño - Ourense

Apartamentos Casa Miño

Apartamentos turísticos

Ervedelo, 3, 32003

666 041 768

reservas@delohabitat.com

https://hmourense.com/

Establecemento de 12 apartamentos de 2 estrelas, situado no centro de Ourense.

Situado no centro da cidade de Ourense, Casa Miño inaugurouse en agosto de 2021 e conta con 12  apartamentos turísticos que ocupan a totalidade do edificio.

Os apartamentos están deseñados seguindo unha mesma liña estética, pero distinguíndose nas prazas de ocupación. Así conta con apartamentos destinados para dúas,  catro, cinco e seis persoas. Todos os apartamentos están dotados de baños completos e cociñas equipadas coa menaxe necesaria para unha estadía confortable, así como roupa de cama e baño de boa calidade.

O edificio está domotizado para que os hóspedes teñan independencia total durante a súa estandia. No caso de ser necesario, ofrece un servizo de atención persoalizada durante as 24 horas do día.

Para ofrecer un servizo completo, dispón de lavandería de autoservicio gratuita que conta con lavadora, secadora e centro de pranchado a disposición dos clientes.

O baixo do edificio ocupao o gastrobar Loaira. Aínda que funciona de maneira independientemente aos apartamentos, pode ser unha boa opción para almOrzar ou tomar un aperitivo  durante a estadía.