fachada apartamentos turísticos Burgas 6

Apartamentos turísticos Burgas 6

Apartamentos Turísticos

Burgas 6, 32005

623 192 353

burgas@bossh-hotels.com

apartamentosturisticosburgas6.es/

Establecemento de 10 apartamentos turísticos situados no centro histórico, fronte As Burgas

Establecemento de 10 apartamentos turísticos situados nun edificio de nova construcción de tipo industrial. Situados moi preto da Praza Maior, xusto diante da piscina termal de As Burgas, presentan unha excelente localización para coñecer o centro da cidade e súa parte monumental.

Os apartamentos son diáfanos, cunha media de 30 metros cadrados e capacidade para 3/4 personas. Cada un dos apartamentos está completamente amoblado. Constan de cama de matrimonio, baño, cociña e sofá-cama. Están equipados con aire acondicionado (frío e calor), ducha, televisión de pantalla plana. secador de pelo e artigos de aseo gratuitos. A cociña dispón de frigorífico, vitrocerámica, microondas, tostadora e cafeteira.

O edificio conta con clasificación enerxética tipo A. No semisoto dispón dun almacén de usos varios e adegas, así como lavandería que consta de 2 lavadoras e 2 secadoras, lavapratos e lavadeiro.