Auditorio Municipal

Rúa da Canle, 2, 32004

988 391 290

www.ourensecultura.com/AuditorioMunicipal

Gran espazo multiusos no antigo cuartel de San Francisco: congresos, exposicións, espectáculos, eventos sociais...

Inaugurado en 2005, o Auditorio Municipal de Ourense ocupa un espazo privilexiado da cidade, parte do antigo cuartel instalado no Convento de San Francisco. É obra do aquitecto José Manual Casabella, que o deseñou adaptado á pronunciada pendente e cun trazado curvilíneo que respecta as rúas adxacentes.

O Auditorio Municipal é un dos polos culturais de Ourense. Trátase dun espazo multiusos versátil que ao longo de todo o ano acolle ano congresos, concertos, exposicións, convencións, ópera, ballet, teatro, etc. Conta con tres salas (a principal cun aforamento de 900 persoas) e un aparcadoiro subterráneo de dúas plantas.

Un miradoiro á cultura, cuxa torre central é visible case desde calquera punto da cidade; e máis aínda de noite, coa súa iluminación azulada.

Ocupa unha parcela de máis de 5.000 m2 de superficie onde a pronunciada pendente se salva con accesos independentes ás diferentes dependencias. A entrada principal realízase pola explanada máis elevada, outra intermedia para camerinos e outro nivel inferior que comunica co camiño que bordea todo o edificio. Conta con aparcadoiro subterráneo de dúas plantas, cuxa cuberta configura unha praza pública.

Salas do Auditorio Municipal

A Sala Principal do Auditorio  Municipal estrutúrase en dous niveis. A parte inferior conta con 760 localidades dispostas en anfiteatro, ademais dun pequeno palco con 10 asentos. Na superior dispóñense 175 localidades e tras elas, as cabinas de interpretación e proxección. O escenario dispón de foso de orquestra, aínda que existe a opción de cubrilo para gañar o máximo espazo. Ten acceso directo mediante peirao de carga.

A maiores, o Auditorio dispón de dúas salas menores que permite o seu  uso simultáneo, con capacidade para 155 e 210 localidades.  Ambas comunican directamente cos camerinos e a sala de ensaios.

Os vestíbulos se dimensionaron holgadamente para acoller exposicións e actos culturais e sociais diversos. Son espazos ben iluminados con vistas sobre a cidade, a través da súa fachada acristalada.