Augas Quentes
Albergue de recente apertura no barrio da Ponte.
O albergue Augas Quentes é un establecemente de recente apertura que se atópa no barrio da Ponte de Ourense; so a un curto paseo do centro e da zona monumental. Os seus case 300 m2 de instalacións, con capacidade para 36 hóspedes, dispoñen de cociña, sala de estar de case 70m2, sala de lavandaría, sala para bicicletas, 4 baños e 9 duchas. Todas as mañás sérvese almorzo buffet. O establecemento dispón tamén de WiFi gratuíto e acceso 24 horas a través da súa app.