Auria Camper Park
Cámping de Autocaravanas
Pena do Vado, 64, 32002
Auria Camper Park. cámping de autocaravanas de 1ª categoría, situado a beiras do río Miño, nas inmediacións da cidade de Ourense.
Cámping de autocaravanas de 1ª categoría con capacidade para 42 vehículos.
Auria Camper Park sitúase nunha zona tranquila, a beiras do río Miño. Conta con todos os servizos para facer a súa estadía moi confortable: local social, zona de grellas, mini campo de fútbol, zona de xogos con parque infantil, duchas e vestiarios adaptados para persoas con discapacidade, lavadoiros, lavadoras, secadoras…
Ofrece os servizos de conexión eléctrica, enchido de auga, baleirado de augas grises e de WC químico. Dispón de máquinas de vending, e fronte á entrada sitúase unha estación de servizo cunha pequena tenda.
Posúe acceso directo ao bonito sendeiro peonil do río Miño. Realizando un tranquilo paseo por este sendeiro pódese acceder ao Paseo Termal (distando 2 km da zona de Outariz).
Sitúase a uns 3 quilómetros do centro da cidade de Ourense e da súa zona histórica, aos que se pode acceder facilmente a través da liña 5 de autobuses urbanos (que tamén se dirixe ao Paseo Termal).
Transportes
Admiten mascotas