Carrís Cardenal Quevedo
Hotel
Cardenal Quevedo, 28-30, 32004
Hotel boutique de nova construción en dous edificios históricos do centro de Ourense.
Hotel boutique de nova construción en dous edificios históricos do centro de Ourense. As súas modernas instalacións fan del un lugar con encanto e sofisticación. Até o máis mínimo detalle deseñouse para dar o mellor servizo ao cliente, con 39 habitacións onde reinan o espazo, a comodidade e o deseño. Dispón de salas de reunións totalmente equipadas e un restaurante cunha carta con produtos típicos da zona.
O Carrís Cardenal Quevedo atópase estratexicamente situado nunha das rúas máis céntricas e concorridas da cidade, a escasos metros do centro histórico de Ourense, o parque de San Lázaro, a estación de tren e o río Miño. Está xusto á beira da zona de compras e de lecer, no mesmo centro da cidade da auga e o ouro.
Entre as súas características destaca o servizo de lavandaría e a dispoñibilidade de aparcadoiro propio.
A súa páxina web admite reservas online.
Transportes
Zona de tráfico rodado.
Aparcadoiro propio no mesmo edificio 12 €/día
Parada de autobús: Cardenal Quevedo | Preto: Parque de San Lázaro