
Casa da Fonte
Vivenda de Uso Turístico situada na zona histórica. Ten unha habitación con capacidade para 2 persoas.
Casa da Fonte é un aloxamento recentemente restaurado en pleno centro da cidade que conta con todas as comodidades precisas para gozar dunha agradable estadía en Ourense. Está situada no centro histórico, polo que os principais monumentos están moi preto deste aloxamento.
Ten un amplo dormitorio cunha cama de 150 cm. e un balcón con vistas á fermosa Praza do Ferro. Televisor no salón e no dormitorio con Netflix gratuíto. O baño ten ducha e secador de pelo. A cociña está totalmente equipada, con cafeteira Nespresso, fervedor de auga, torradora, microondas, etc. Tamén dispón de Internet/WiFi de alta velocidade, calefacción e aire acondicionado.