Alquiler turístico A Casiña

Casa das Coias – A Casiña

Vivienda de uso turístico

Rúa Pena do Vado, 92, 32002

649 165 661

casadascoias@casadascoias.es

www.casadascoias.es/

Coqueta vivenda nas beiras do Miño, no núcleo de Reza, moi próxima ás termas. Capacidade para 6 persoas.

A vivenda de aluguer turístico A Casiña é a opción ideal para a estancia dun grupo reducido de persoas, xa que ten unha capacidade ata 6 persoas. Trátase dunha vivenda de dúas plantas no núcleo de Reza, nas beiras do río Miño e moi próxima ás termas.

Na planta principal atópase un amplo salón e a cociña con acceso á terraza, o lugar ideal para tomar un café co son do caudal de Miño de fondo. A planta de arriba dispón de dúas habitacións: unha de matrimonio e outra con dúas camas individuais e baño. Ambos os dormitorios contan con camas supletorias para hóspedes extra.