Hotel Eurostars Auriense

Exe Auriense

Hotel

988 234 900

reservas@exeauriense.com

https://www.eurostarshotels.com/exe-auriense.html

Hotel de deseño vangardista, situado nunha contorna natural pero a un paso do centro urbano.

O Hotel Exe Auriense atópase na zona do Cumial, nas aforas de Ourense, pero ben conectado núcleo urbano. O establecemento dispón de 134 habitacións e ocupa un gran edificio de deseño vangardista rodeado de xardíns, nunha contorna natural.

As habitacións do Eurostars Auriense están totalmente equipadas e dispoñen de aire acondicionado/calefacción, minibar, caixa de seguridade e secador de pelo.

O hotel conta con 5 salóns para reunións e eventos, desde o 60 ao 900 m2, así como bussiness center. No exterior destaca a súa piscina, operativa en verán, e os seus agradables xardíns.

Nas proximidades atópase o Club de Golf Montealegre, cunhas magníficas vistas da súa contorna. Ofrece un atractivo percorrido de 18 foxos cun alto nivel de esixencia tanto física como técnica.

Tanto polo seu aforo como pola localización, cerca do centro e do Parque Tecnolóxico e Polígono Industrial de San Cibrán de Viñas, o Hotel Eurostars Auriense é un establecemento perfecto para a celebración de congresos, reunións de traballo ou eventos sociais.

A súa páxina web admite reservas online.