Grelo Hostel
Albergue privado especialmente pensado para peregrinos. Dispón de aparcadoiro propio para bicicletas.
Grelo Hostel é un alto no camiño, un sitio no que se pode repor forzas antes de seguir coa dura peregrinación en dirección a Santiago de Compostela. O punto de partida dunhas inesquecibles vacacións coñecendo Ourense, a súa provincia e o resto da Galicia interior.
O Grelo Hostel conta con 32 prazas en habitacións compartidas. A reserva inclúe no prezo o almorzo de cada hóspede cada día. Disponse dunha sala común con mesas onde poder comer, organizar a túa viaxe ou pasar o tempo. A zona común dispón de máquinas expendedoras. Acceso WiFi gratis en todas as habitacións e zonas comúns do hostal.
Dispón de lavandaría e aparcadoiro propio para bicicletas.
Transportes
Zona de tráfico rodado
Parada de autobús: Pena Trevinca (L11A, L11B) | Preto: Posío
A presenza de augas termais, gran alivio para os pés do camiñante, xunto coa súa situación estratéxica, fixeron de Ourense un fito no Camiño de Santiago desde os seus inicios. Hoxe segue a ser parada obrigada no Camiño Mozárabe – Vía da Prata, o que seguen os camiñantes do sur da Península Ibérica.