Hostal Lido
O Hostal Lido é un establecemento na céntrica zona de negocios da cidade. Está situado na rúa Xoán XXIII, a escasos metros da rúa do Paseo e o Parque de San Lázaro. Conta con 31 habitacións con baño, calefacción, teléfono e televisión. O equipo de profesionais deste hostal ofrece atención as 24 horas do día aos seus clientes.
Lido está situado a catro minutos da zona monumental da cidade e a pouco máis da Ponte Romana e das beiras do río Miño, que conducen directamente á zona das termas.
Especial peregrinos: Admiten bicicletas sen custo.
Transportes
Zona de tráfico rodado
Aparcadoiro: Concordia (11,80€/día)
Parada de autobús: Xoán XXIII, Progreso (todas as liñas)