Igrexa dos Franciscanos
Xaquín Lorenzo, 7, 32003
Apertura segundo culto
Orixinaria do mosteiro de San Francisco, esta pequena igrexa entre grandes edificios modernos agocha nos capiteis da súa fachada a imaxe dun gaiteiro.
Construída no século XIV no alto da cidade (onde aínda se conserva o fermoso claustro), trasladouse en 1929 ao Parque de San Lázaro. Constreñida por edificios modernos, nos capiteis profusamente decorados da súa fachada atoparemos, se detemos a mirada, a figura dun gaiteiro.
A igrexa, dunha soa nave e cun interior recuberto de madeira, conserva sepulcros góticos do século XVI, pertencentes á familia Noboa, señores de Maceda, e á dos Cadórniga. De final labra, neles prodíganse as armaduras e brasóns nobiliarios.
A fachada presenta no corpo superior un rosetón, e a porta, decorada con triple arquivolta, atópase centrada con dous contrafortes. Columnas de fuste liso e estriado con capiteis fitomorfos, zoomorfos e mesmo antropomorfos (un gaiteiro) decoran a portada.
Horario
Apertura segundo culto
Un claustro sen igrexa, recordo do convento franciscano que logo se transformaría en cuartel militar. A fermosa decoración dos seus arcos merece unha visita.