Irixo
Pequeno hotel nun edificio coidadosamente rehabilitado, no corazón do Centro Histórico.
Cunha localización privilexiada no Centro Histórico de Ourense, con vistas á praza do Eironciño dos Cabaleiros, o Hotel Irixo ocupa un edificio recentemente rehabilitado, a dous minutos da Catedral e cinco das Burgas. Nos seus arredores poderá atopar tendas, comercios e todo tipo de locais de lecer e entretemento.
As súas 13 habitacións están equipadas con calefacción, televisor e baño privado e televisor. Polo seu deseño e localización, o Hotel Irixo convértese nunha fantástica opción para gozar da cidade, da súa cultura e a súa historia.
O hotel admite mascotas.
Especial peregrinos: admite bicicletas.
Transportes
Zona de tráfico peonil
Aparcadoiro: Concordia (11,80 €/día)
Parada de autobús: Alameda