Luscofusco

Vivenda de uso turístico

Bailén, 4, 4D, 32005

666 219 833 / 607 467 924

emmavalcarcel2012@gmail.com

Renovado apartamento con impresionantes vistas á zona histórica e a 100m da Praza Maior.

Disfruta da túa estadía na “Bela Auria” aloxándote neste renovado apartamento con impresionantes vistas á zona histórica e a 100m da Praza Maior.
A súa localización privilexiada en plena “Zona Vella” permite desprazarse a pé ata os lugares máis emblemáticos de Ourense para que non te perdas nada do que a cidade ofrece. Tanto se viaxas en familia, coa túa parella ou por traballo este é o apartamento ideal para ti.
Luscofusco é un acolledor e tranquilo apartamento que favorece o descanso tras un divertido día de visita á cidade ou un baño na piscina termal de As Burgas, a menos de dous minutos a pé.
Situado nunha luminosa 4ª planta, foi recentemente rehabilitado e decorado con moito mimo para que non botes nada en falta durante a túa estadía. No edificio non hai ascensor, pero si unhas amplas e cómodas escaleiras que merecerá a pena subir para disfrutar do lugar.
A colorida cociña con auténtico chan hidráulico está equipada con todo o necesario. O espazo ábrese a un acolledor comedor, onde se mantivo o antigo forxado de madeira e un cálido salón. O sofá-cama invita ao descanso ou a relaxarse lendo un libro ou vendo a televisión. O apartamento conta tamén cun dormitorio provisto de cama de matrimonio e armario. Tanto o salón como o dormitorio comunican cun balcón desde o que disfrutarás de todo o encanto da zona monumental. Con vistas a lugares emblemáticos como a Praza Maior, a Catedral de San Martiño ou a igrexa de Santa María Nai. Terás Ourense aos teus pés!