NH Ourense
Hotel
Celso Emilio Ferrreiro, 24, 32004
Hotel en pleno centro. Goza do seu almorzo buffet anti-ox na súa terraza e descubre a súa área de fitness, con spa e sauna.
NH Ourense é un moderno hotel situado no centro da cidade, a só 10 minutos das termas do Miño e a un paso da zona histórica. Ademais das 21 habitacións Standard e das 8 Standard Single, o hotel ofrece 9 elegantes e acolledoras suites que se adaptan facilmente a familias e grupos de até catro integrantes.
Todas as habitacións ofrecen unha atractiva decoración con elegantes mobles italianos, chans de madeira e un deseño moderno, ademais dunha gran variedade de comodidades pensadas ao detalle: conexión a Internet (WiFi) de cortesía, TV vía satélite, minibares e cómodos colchóns, entre outras.
Durante a vosa estancia podedes empezar o día cun almorzo buffet anti-ox e aproveitar a área de fitness e benestar, que conta cun pequeno spa, unha sauna e un ximnasio.
Dispón de estacionamento propio para hóspedes.
A súa web admite reservas online.
Transportes
Zona de tráfico rodado
Aparcadoiro: garaxe propia (8 €/día)
Parada de autobús: Celso Emilio Ferreiro (L18) | Preto: Parque de San Lázaro, Avenida da Habana