VUT O Fogar de Archi - Ourense

O Fogar de Archi

Rúa Julio Prieto Nespereira, 25, 3º,

605 965 156

info@ofogardearchi.com

www.ofogardearchi.com/

Apartamento de 2 habitacións con capacidade para ata 5 persoas. Situado no centro histórico.

Ven e namórate do O Fogar de Archi, unha preciosa vivenda de uso turístico con especial encanto, así como  unha excelente e estratéxica localización.

Este apartamento atópase no corazón de Ourense, a tan só 400m da Praza Maior e 600m da famosa Catedral de San Martiño. Trátase dunha zona tranquila polo que o descanso sen dúbida está garantizado. Nos seus arredores conta con varios restaurantes e cafeterías de renome, así como de supermercados, farmacias e demáis servizos.

Conta cunha decoración e un mobiliario moi completo, realmente acolledor e moderno. É moi espazoso, puidendo aloxar ata 5 hóspedes. Ten dúas habitacións (unha con cama matrimonial e outra con cama individual), un cuarto de baño completo, unha sala con sofá cama, un comedor con mesa extensible e unha cociña completamente amoblada e equipada. Destaca pola súa luminosidade e limpeza.

Dispón de prestacións como xogo de vaixela para todos os hóspedes, lavadora-secadora, cafeteira de cápsulas, toallas e sabas debidamente hixienizadas, secador de pelo, percheiros, perchas, plancha de roupa, calefacción, TV e wifi gratuito.

En O Fogar de Archi priorizan a seguridade de todos os hóspedes, cumprindo con todos os protocolos COVID-19 necesarios para garantizar que a estadía sexa completamente segura.