Ourense Estación

Vivenda de uso turístico

Eulogio Gómez Franqueira nº5, 1º B,

630 826 397

begorosanchez@hotmail.com

Apartamento de 3 habitacións e capacidade para 6 persoas. Un dormitorio conta cunha cama de 1,50 e os outros 2 con camas de 1,35. A cociña está totalmente amoblada. Ofrece lavalouza, forno, microondas, nevera combi e lavadora. O salón-comedor é grande e conta con TV e WIFI. Ademáis dispón dun baño con bañeira, un aseo e un cuarto para pasar o ferro.

Esta vivienda de uso turístico atópase na rúa Eulogio Gómez Franqueira. Unha zona tranquila a 50 metros da estación de tren e autobuses. Ao lado conta cunha farmacia, un centro de saúde, restaurantes, pizzería, cafeterías e supermercados. A 50 metros existe unha parada de autobuses urbanos.

O centro histórico atópase a 1,4 km. Este apartamento está moi preto do recinto termal da Chavasqueira (a 1,4 km) e a Ponte Romano (750m). Pola súa parte, As Burgas e a catedral distan a 2 kilómetros da vivenda, mentres as termas de Outariz están a 5 km.